Resultados nos concellos conflitivos
Por MarcosPerez
Mai 2723:18
Na campaña falouse moito da especulación urbanística, sobre todo en certos concellos da mariña lucense e das Rías Baixas.
En Foz o PSOE repite vitoria pero perde dous concelleiros e con eles a maioría absoluta, ¿pactará o BNG? En Barreiros, en cambio, o PP retén a maioría absoluta.
Nas Rías Baixas, o PP perde Nigrán, que pasa a estar gobernada polo PSOE; e Gondomar, que terá alcalde nacionalista .
Outras curiosidades: en Ares, o duelo fratricida entre os dous xemelgos Cendán, acabou coa perda do goberno para o PP; gobernará o PSOE. Por certo, o PP (liderado por José Manuel Cendán) perde un concelleiro, precisamente o que gaña o partido creado polo seu irmán xemelgo Luis.
En Ortigueira, o seu alcalde Antonio Campo recunca, con máis do sesenta por cento dos votos, aínda que perde algúns apoios.
En Toques, Xesús Ares gañou as eleccións, pero necesitará ao PP para gobernar. ¿Pactará o PP?
E, como derradeira curiosidade, Palas de Rei, a vila de José Blanco, seguirá gobernada polo PP.

esta web gustoume moito.se a anuncias ou tal seguro que hai moitos comentarios e eso.deverias de repartir os textos en outras entradas.moi ben.