Máis inxenio e menos ladrillo
Por JacoboRey
Dec 21Co visto e prace ao fondos Feder ata o 2013, Galicia recibirá a que parece que será a última inxección económica das arcas da Unión Europea. Nada menos que 5.650 millóns de euros, en números redondos. E será a última porque en 2013 haberá novas rexións ás que adicarlle os recursos. Os novos socios do leste tamén queren o seu cacho de tarta, lóxico. Tocará apretar o cinto.
Diante disto, a Xunta anuncia cambios. Acabouse priorizar o ladrillo, aínda que o AVE recibirá unha parte significativa dos investimentos. Sendo optimistas, é de esperar que en 2013 estea rematado -ou a piques- esta infraestrutura da que se leva falando tempo inmemorial. Será, este, o derradeiro esforzo inversor en camiños de ferro?
Agora fálase día e noite de innovación, de I+D+i, de sociedade de coñecemento. Aplicado na práctica, o conselleiro aposta por poñer en marcha novos produtos alternativos. O valor engadido. O feito diferencial. Conservas de percebe. Iogures revitaminados. E un longo etcétera…
Tamén se referiu á alta tecnoloxía. Dende o supercomputador Finis Terrae, dos máis potentes de España, ata o centro de investigación en vehículos intelixentes. Sexa o que for, son moitos cartos e terán que dar para moito. Houbo quen se alegrou de que Galicia seguise sendo rexión obxectivo de converxencia. É bo percibir axudas da Unión Europea. O que invita á reflexión son as causas de que Galicia requira esas axudas.
Na sinatura dos programas operativos, Danuta Hubner destacou as boas ideas de investimento previstas pola Xunta, en referencia, por exemplo, ao saneamento das rías. Ela xa coñece Galicia, fixo unha ruta en helicóptero. É de imaxinar que non coñeceu o Gaiás. Porque de ser así, se cadra Bruxelas non sería tan xenerosa…

Desde un analisis economico hay claramente 2 Galicias,eje atlantico, y la Galicia interior, Lugo y Ourense, con las carateriticas bien difinidas, desde un analisis politico todos sabemos como se gastaron los fondos europeos, y todavia vemos cosas impropias de un pais moderno,sobre todo en el Camino de Santiago,ventana de Galicia al mundo,y tan importante para la promocion de Galicia en el sector turistico,cultural,etc.
Penso que todos deberíamos facer unha reflexión de a onde foron parar tódolos cartos investidos pola Unión Europea en Galicia, ¿cal sería a porcentaxe real ben investida e canto quedou polas moitas mans cheas de buracos?
Cando rematen as inxeccións económicas de Europa, algúns quedaranse sen a galiña dos ovos de ouro e a pobriña Galicia seguirá cas mismas limitacións de sempre.
Outras comunidades, mais pobres,con menos recursos, gastaron moito millor os fondos europeos,por eso todos os ratios-socioeconomicos estan moito millor,Galicia,donde o amiguismo,caciquismo,clientelismo, e outras enfermedades geneticas galegas, fixeron que o dia de oxe,a Galicia interior,este despoblada,envejecida, e todos os seus concellos tendo uhna baixa alarmente no seu padron de habitantes,o peor e que estes do “cambio” siguen o que aprendero dos outros,e incluso observamos que hay uhna “IDIOLOXIA DO PESEBRE”mais grande.
Por que no se abren al turismo de verdad los gallegos del interior?. Dejémonos de protagonismos inútiles.