O vodevil do emigrante

Por ArturoLosada
Feb 19

Non hai campaña electoral na que non salte unha polémica sobre o voto da emigración. Propaganda con cheques a-legais, publicidade antes de tempo, subvencións que chegan e se ostentan en plena campaña, viaxes cun calendario de reunións moi dubidoso…

Normal, claro. Sudamérica, con tanto galego, fillo de galego e neto de galego con dereito a voto, queda lonxe e sen vixilancia,… e esas redes clientelares, maduriñas xa de tantos anos que se levan usando, axudan tamén a impor unha promoción electoral baseada nos regaliños e as paparotas.

Destes usos e costumes, seica non se libra ninguén. En terra de lobos, hai que ouvear coma eles, din en Ourense, e en tempos duros de votacións hai que aproveitar toda a vantaxe posible. E xa postos a soltar tópicos, se te pillan, négao todo.

¿Que vas a un mitin co certificado dunha subvención da Deputación de Pontevedra baixo o brazo? Pois non era para que eses pailarocos saiban a quen lle deben un favor, era para que o papel non se perdese no envío. ¿Correo electrónico, di vostede? Pero home, como se van entender os pobres velliños do centro galego co invento de internet. Iso é só algo que usan os modernos.

¿Que enviaches a unha galega de acento arxentino a que vaia porta a porta para pedir o voto, con gastos pagos por parte da Xunta? Mentira, todo mentira. Pagámoslle o billete de avión. para que fose ver á súa avoa moribunda. Se vostede ten problemas humanitarios que atender en Bos Aires, pase pola Secretaría Xeral de Emigración, que lle conseguimos un voo transoceánico nun dicir “Emilio Pérez Touriño”. E miren como no lo paga, a moi lurpia, índolle co conto á oposición.

Todo un vodevil, no que non pode faltar como contrapunto, lexislatura tras lexislatura, a promesa de implantar a votación en urna e limpalo todo de merda. Promesa que nunca se cumpre.

E logo nos estrañamos de que a xente non tome en serio a política…

Arquivado en: eleccións, emigración

5 respostas a “O vodevil do emigrante”

  1. Tengo un amigo que recientemente se fué a vivir a Palma de Mallorca. Para trabajar allí como profesional liberal que es tuvo que empadronarse en la ciudad y a partir de ese mismo instante, este gallego de nacimiento y condición, culto, educado, inteligente, que a lo largo de sus primeros treinta y tres años de vida sólo ha residido en Lugo, La Coruña y Vigo y ha realizado trabajos de investigación en Fonsagrada y la Mariña y tiene numerosa familia tanto consanguínea como afín residiendo en Galicia, perdió, automáticamente, el derecho a votar en las elecciones gallegas.

    ¿Por qué gente como mi tía Consuelo, que lleva cuarenta años viviendo en Argentina, o todos sus primos y los descendientes de estos, que la mayoría ni ha pisado Galicia ni ganas que tienen, pueden votar en Galicia? Se me antoja incongruente en grado sumo.

    El que vive en Buenos Aires o en Asunción no debiera tener derecho al voto en Galicia y así se acababa con toda esta leria.

  2. Vaia home, por fin coincidimos en algo, Sr.Gorila!
    Neste asunto, paréceme despreciable o feito de que as persoas inmigrantes en Galiza teñan problemas de empadroamento, residencia, nacionalidade e logo, se permita que outras que levan sen saber nada do que se coce por aquí desde que San Pedro perdeu as chanclas, poidan votar as nosas candidaturas coma se tal cousa. Coido que o leítimo é que estas persoas integradas nas nosas vilas e País teñan ese dereito e esas outras situadas desde hai tempo na diáspora, se lles negue; non é xusto que decidan unha realidade política sen coñecer a realidade social do momento e por outra banda, remataríase tamén co trapicheo ese do voto emigrante e esas cousas tan deleznables a día de hoxe. Está claro, para crer na política, a política, ten de ser aséptica. Unha mostra de esto, sería eliminar este dereito da emigración, de esas persoas que nunca van voltar, nin elas, nin os seus descendentes.

  3. […] pagos por parte da Xunta? Mentira, todo mentira. Pagámoslle o billete de avión. para que fose ver á súa avoa moribunda. Se vostede ten problemas humanitarios que atender en Bos Aires, pase pola Secretaría Xeral de […]

  4. Pois a verdade é que para poder votar nun lugar deberían darse (condicións legais a parte) alomenos dúas condicións: pertencer a esa terra (e así sentirte implicado nos seus problemas), e coñecer a súa realidade. Unha persoa que endexamáis pisou Galicia e só coñece historias rancias que alí sucederon fai décadas… non creo que teña unha versión demasiado fiable do que acontece hoxe en día.
    Ademáis, qué consecuencia ten para esa xente quén gañe en Galicia? Pensades que lles vai influir en algo? En consecuencia: Vailles importar? Eu penso que en absoluto. Unha das razóns pola que votamos, digo eu, é a esperanza de que as cousas cambien (ou non) segundo afecte á nosa sociedade (ou á nosa situación persoal).
    Para mín, un inmigrante que leva anos traballando en Galicia, tería máis dereito a votar. Co seu traballo está aportando algo á sociedade, e non van a ser todos deberes! algún dereito a opinar terá que ter!

  5. O problema é que, nom havendo nacionalidade galega “de facto”, um galego empadroado noutra autonomia espanhola deixa de sê-lo a todos os efeitos, excepto de jeito moral…

    Porém, por quê um galego nacionalizado argentino, ou ainda pior (eleitoralmente falando), nado na Argentina de filhos galegos, pode votar?

    Se o Sr Tourinho tiver um mínimo de vergonha e dignidade, este assunto há tempo que devia estar arranjado.

    Ou todos, ou nengum.

    Saúdos

Deixa unha resposta

A padiola mecánica

Animais políticos

Dentro das nosas limitadas capacidades, neste blog tentaremos facer resumo da trama desa longuísima serie que é a política galega sen resultar coñazo e esquivando os tópicos habituais na prensa, pois, de momento, non temos apoio institucional. Se non o acadamos, sodes libres de insultarnos nos comentarios.

Comentarios recentes