OS MONÁRQUICOS ACHEGAN A REPÚBLICA
Por MarcosPerez
Out 4Por fin. Abriuse o debate. 25 anos despois da aprobación da Constitución, comeza a debilitarse o gran tabú da monarquía. A fenda aberta aínda é pequena, pero comeza a falarse do tema nos medios, os actos de protesta vanse facendo máis frecuentes, e o tema instálase nas axendas, con características de conflito.
Ademais, a familia real, os grupos monárquicos e os sectores máis conservadores estánse trabucando na súa reacción desaforada contra calquera crítica á familia real. Converteron unha simple caricatura nun acto delictivo. E de igual xeito están elevando unha manifestacións pacíficas á categoría de terrorismo, de atentado contra o estado de dereito e non sei que máis saídas de pata de banco.
Estanse equivocando, porque grazas á cobertura que están facendo dunha simple queima dun retrato do rei (unha cobertura na que a maior parte dos medios equiparan este acto ás accións terroristas de ETA), están colocando nas portadas o debate monarquía-república. E están conseguindo que pola natural solidarieadade coas vítimas dunhas reaccións tan desproporcionadas contra uns simples actos de protesta, moitos cidadáns comecen a posicionarse abertamente a prol da república.
Benvido sexa o debate. Xa era hora.
